xoves, 12 de marzo de 2015

II EDICIÓN DA ANDAINA DE BRIÓN


A segunda edicion da ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN xa é unha realidade. Un ano mais a Asociacion O Esquio no Piñeiro xunto coa axuda da Piscina Municipal Cuberta de Brión asumen a organización deste GRAN RETO deste ano 2015.

Ao igual que na anterior edición a distancia total da proba é de 50 Qm se ben, non é necesario que os participantes completen todas as etapas. A proba distribuese en 3 aneis, que comezan e rematan todos na Carballeira de Santa Minia, co cal o sendeirista pode adaptar a proba ao seu nivel físico podendo facer 1, 2 ou os tres aneis.

Como novidade salientable, neste 2015 queremos ir un paso mais alá, e ainda que a proba e NON COMPETITIVA, imos contar coa axuda da empresa GALITIMING que realizará o control de tempos de cada participante podenso así saber cada quen o tempo que lle levou completar as distintas etapas.

6 avituallamentos sólidos e líquidos
camiseta técnica
Bolsa do Sendeirista
Diploma de finalista
Duchas
Piscina
Etc, etc...

Seguro que non queres participar?


0 comentarios:

Publicar un comentario