venres, 17 de abril de 2015

PRESENTANSE OS REGALOS CONMEMORATIVOS DA PROBA


Todos e cada un dos participantes na II ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN recibiran unha mochila de cordas na que se incluirán unha camiseta e o dorsal para participar na marcha. Tanto a camiseta como a mochila son obras do GRANDE AMIGO Xosé Vizoso, recoñecido artista plástico afincado en Brión e que dirixiu ata o ano 2012 o departamente de deseño da Fabrica de Cerámica de Sargadelos...

Ademais da camiseta, da mochila e do dorsal no prezo (14€ ata o día 30 de Abril) tamén van incluidos os avituallamentos sólidos e líquidos que estarán compostos de Auga, bebidas isotónicas, refrescos, froitas, empanadas, bocadillos, etc...

A organización tamén pon a disposicion dos participantes un servizo de duchas, piscina cuberta (necesario traer gorro de baño), recollida en caso de accidente ou lesión, servizos médicos de primeiro alcance, aparcamento de balde, etc...

NON QUEDES SEN PRAZA! ANOTATE ANTES DO 30 DE ABRIL

0 comentarios:

Publicar un comentario