luns, 21 de marzo de 2016

ESTAMOS EN MARCHA

 

Xa estamos aqui un ano mais e van xá 3 edicións da Andaina Terras de Altamira. Pois ben, neste terceiro ano imos ter importantes novidades... pero sen perder o espirito co que empezamos alá polo ano 2014. Como sempre contamos coa inigualable colaboración da Piscina Municipal cuberta de Brión que volve a axudarnos na organización do gran reto sendeirista do ano 2016.

A base da andaina vai ser a mesma: unha distancia total de 50Qm. Para os "veterans" xa non fai falla explicar que para participar NON FAI FALLA COMPLETAR OS 50 Qm, a distribución da proba en tres aneis (aproximadamente 14Qm, 22Qm, 14Qm) e que a saída e a meta de cada un deles sexa no mesmo punto (Carballeira de Santa Minia) fan posible que o sendeirista adapte a ruta as súas capacidades físicas, podendo facer independementeme 1, 2 ou os 3 aneis.

Este ano temos algunha sorpresa reservada, da man de algun dos colaboradores/patrocinadores, que contaremos mais adiante e tamén volvemos a contar coa axuda da empresa GALITIMING que, ao igual que o ano pasado, será a encargada do control de tempos de cada participante.

Os participantes terán de prazo para inscribirse dende o día 1 de Abril ata o 10 de maio, ou unha vez que se completen as 500 prazas ofertadas.

E ti?
Vés ou quedas?

0 comentarios:

Publicar un comentario