martes, 5 de febreiro de 2019

Copa galega de andains de 50 km 2019



A 5ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión será a 8ª proba puntuable para a Copa Galega de Andaina de 50km do ano 2019 da Federación Galega de Montañismo.

CALENDARIO OFICIAL DE ANDAINAS DE 50 KMS 2019

30 Marzo - Andaina Ponte-Andar (Pontevedra)

6 Abril - Andaina Bisbarra do Sar (Concello de Padrón)
13 Abril - Camiñada de montaña de Entrimo
27 Abril - Andaina do Condado-Marques de Vizhoja (Concello das Neves e Arbo)

4 Maio - Marcha dos 50 km de Santiago (Santiago de Compostela)
11 Maio - Andaina Concello de Salceda de Caselas
18 Maio - Camiñada Bombeiros Voluntarios de Melgaço (Portugal)
25 Maio - 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN

8 Xuño - Marcha Costa Ártabra (Ferrol)
15 Xuño - Ruta do Colesterol (Boqueixón)
22 Xuño - International Trekkers Barbanza Sar - Especial 100km (Concellos do Barbanza)

7 Setembro - Andaina Popular Concello de Riveira

BASES PARA PARTICIPAR NA COPA 2019

1.- Estar federado pola Federación Galega de Montañismo.
2.- Completar o percorrido dun mínimo de 6 andainas.
3.- Deberán enviar á FGM fotocopias dos diplomas que acrediten as probas rematadas.
4.- No ano 2019 a proba de 100km contará coma unha proba máis da copa.

PREMIOS DA COPA 2019

1.- Trofeo de participación.
2.- Un vale para un fin de semana para duas persoas nundo dos refuxios da FGM.