martes, 5 de febreiro de 2019

Presentase a 5ª edición da Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión


Un ano mais vaise celebrar esta proba deportiva non competitiva que esta organizada pola Asociación O Esquio No Piñeiro e o Concello de Brión en colaboración coa Piscina Municipal de Brión e a Federación Galega de Montañismo.

Logo do éxito das pasadas edicións, afrontamos un ano mais o reto de ofrecer a todos os participantes unha das mellores andainas de Galicia, e para elo imos ter en conta as críticas e consellos que nos fixestes chegar para seguir mellorando ano a ano unha proba que xa é un clásico na programación deportiva municipal de Brión. Como sempre, estamos traballando arreo para poder ofrecer unha BOLSA DO SENDEIRISTA chea de obsequios gracias a colaboración dos nosos patrocinadores que edición tras edición nos seguen apoiando e apostando pola Andaina Terras de Altamira como un escaparate tamén para os seus negocios.

O punto neurálxido da proba volve a ser a Carballeira de Santa Minia, no nucleo de Brión, e vaise distribuir en 3 aneis que comezan e rematan todos neste mesmo punto. A saída está prevista para as 9 hrs. e os sendeiristas poderán completar a distancia que desexen: facer o primeiro anel (14 km), parar ou continuar a polo segundo (14+22km), parar ou continuar polo terceiro (14+22+14 km). Esta distribución do percorrido en aneis está pensada para que cadaquen escolla a distancia que considere pode andar sen problemas segundo a súa capacidade física.

Neste 2019 a Andaina volve a estar incluída no calendario oficial da Federación Galega de Montañismo e formará parte da Copa Galega de Andainas de 50 km na que puntuará con 1 punto.

INSCRICIÓN:
Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 23 de maio de 2019 na páxina web: www.andainaterrasdealtamira.org

PREZOS
Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 1 de marzo ata o 14 de abril: 14€
- Dende o 15 de Abril ata ao 12 de maio: 18€
- Dende o 13 ao 23 de maio (sen opción á bolsa do corredor): 14€

O prezo reducirase en -2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2019

SERVIZOS
Bolsa do sendeirista + Avituallamentos sólidos e líquidos + Servizos Médicos + Ambulancia + Seguro de accidente + Duchas + Piscina cuberta + Recollida en caso de accidente ou lesión + Aparcamento + Diploma de finisher + Medalla de finisher