martes, 3 de marzo de 2020

A VI Andaina Terras de Altamira abre o prazo de inscrición


A proba organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión, terá lugar o vindeiro 23 de maio.

A VI Andaina Terras de Altamira, que terá lugar o sábdo 23 de maio, ven de abrir o seu prazo de inscrición co obxectivo de igualar ou mesmo superar os 530 participantes rexistrados na edición anterior. Para conseguilo a proba contará con novos percorridos por zonas inéditas do concello, pero mantendo a Carballeira de Santa Minia como eixo central da proba. "A A finalidade principal da andaina é promover un estilo de vida san, baseado no deporte, e fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e dos fermosos paisaxes que atopamos en Brión. Por iso, os sendeiros escollidos van a ser totalmente novos, ofrecendo ao camiñante unha visión de Brión que, nalgúns casos, non coñecen nin os nativos da zona”, explica Xosé Manuel Trigo, director deportivo de la VI Andaina Terras de Altamira.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de maio e para participar é necesario inscribirse na web www.andainaterrasdealtamira.org. Volven a establecerse tres tramos de prezos para realizar a inscrición, o primeiro ata o 14 de abril de 14€, o segundo dende o 15 de abril ata o 10 de maio de 18€ e un terceiro dende o 11 ata o 21 de maio de 16€. Os participantes que se inscriban neste último período non terán acceso a bolsa do sendeirista. Dentro destes prezos están incluídos todos os servizos: ambulancia e médico, recollida de participantes en caso de abandono ou lesión, avituallamentos líquidos e sólidos, regalos conmemorativos da proba e diploma e medalla de finalista.

A saída da mesma está prevista para as 9:00 h.

0 comentarios:

Publicar un comentario