A ANDAINA 2018 :: PRESENTACIÓN


A renovada Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión vaise celebrar o vindeiro SÁBADO 26 DE MAIO DE 2018 e, como en anteriores edicións, estará organizada pola Asociación O Esquio no Piñeiro e o Concello de Brión en colaboración coa Piscina Municipal de Brión e a Federación Galega de Montañismo.

Como en anteriores edicións a finalidade principal deste gran evento é promover entre a cidadanía un estilo de vida san, baseado no deporte. Tamén, fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e dos fermosos paisaxes que atopamos en Brión. Para tal fin, nesta IV edición os sendeiros escollidos van a ser totalmente novos, ofrecendo ao camiñante unha visión de Brión que, mesmo en algúns casos, non coñecen nin os nativos da zona.

Logo do éxito das pasadas edicións, afrontamos un ano mais o reto de ofrecer aos participantes unha das mellores andainas de Galicia, e para elo imos ter en conta as críticas e consellos que nos fixestes chegar para seguir mellorando ano a ano unha proba que xa é un clásico na programación deportiva do Concello de Brión. Como sempre, estamos traballando arreo para poder ofrecer unha BOLSA DO SENDEIRISTA chea de obsequios gracias a colaboración dos nosos patrocinadores que edición a edición nos seguen apoiando e apostando pola Andaina Terras de Altamira como un escaparate tamén para os seus negocios.

O punto neurálxido da proba volve a ser a Carballeira de Santa Minia, no nucleo de Brión, e vaise distribuir en 3 aneis (14, 22 e 14 km) que comezan e rematan todos neste mesmo punto. A saída está prevista para as 9 hrs. e os sendeiristas poderán completar a distancia que desexen: facer o primeiro anel (14 km), parar ou continuar a polo segundo (14+22km), parar ou continuar polo terceiro (14+22+14 km). Esta distribución do percorrido en aneis está pensada para que cadaquen escolla a distancia que considere pode andar sen problemas segundo a súa capacidade física.

Este 2018 a Andaina volve a estar incluída dentro da Copa Galega de Andainas de 50 km promovida pola Federación Galega de Montañismo e puntuará para a mesma con 1 punto, tendo que conseguir 6 puntos como mínimo para optar a debandita copa.

Outra das novidades deste ano son os prezos de participación, establecendo uns periodos de prezo reducido de inscrición (12€) dende o 1 de marzo ao 30 de abril e dende o 14 ao 23 de maio (neste último periodo os participantes non terán dereito á bolsa do corredor), para o resto de inscricións dende 1 ao 13 de maio o prezo será de 16€. Dentro destes prezos de participación estarán incluidos tódolos servizos: ambulancia e médico, recollida dos participante en caso de abandono ou lesión, avituallamentos sólidos e líquidos, regalos conmemorativos da proba, diploma e medalla de finisher, e ademais estableceranse duas zonas con "avituallamentos abundantes" con comida (empanada, pasta, bocadillos e froita) e bebida para o mediodía e para o remate da proba..

Animate e participa na IV ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN 2018".