BASES

INFORMACIÓN XERAL

A IV Andaina Terras de Altamira, vai ter lugar o sábado 26 de maio de 2018 no Concello de Brión.

ORGANIZACIÓN

A proba está organizada pola Asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e da Piscina Cuberta Municipal de Brión.

INSCRICIÓN

Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 23 de maio de 2018 en:
- On-line: http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/
- Presencialmente na Piscina Cuberta Municipal do Concello de Brión [non é posible inscribirse presencialmente ata o día 5 de marzo, desculpade as molestias]

O número máximo de participantes é de 450. 

PREZOS

Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 12€*
- Dende o 1 ata ao 13 de maio: 16€*
- Dende o 14 ao 23 de maio (sen opción a bolsa do corredor): 12€*
* O prezo reducirase en 2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2018

O prezo da Andaina inclue:

BOLSA DO SENDEIRISTA COMPOSTA DE:
[estamos traballando para ofrecerche varios regalos conmemorativos da proba]

AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS:
       - Auga
       - Bebidas Isotónicas
       - Refrescos
       - Froitas
       - Empanada
       - Ensalada de pasta
       - Bocadillos
       - Barriñas enerxéticas

SERVIZOS DE:
       - Médico
       - Ambulancia
       - Seguro de accidentes
       - Duchas
       - Piscina Cuberta
       - Recollida en caso de accidente ou lesión
       - Aparcamento

DIPLOMA DE FINISHER
       - Con tempo e quilómetros completados

MEDALLA DE FINISHER

CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS

A organización da proba reservase o dereito a modificar horarios e percorridos ou suspender a andaina, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade.

Os participantes que, estando correctamente inscritos, finalmente non poidan participar na andaina poderán optar á devolución da cota de inscrición con arranxo ás seguintes indicacións:

- Ata o 30 de abril: Poderanse solicitar baixas e procederase á devolución do 75% da inscrición.
- Ata o 13 de maio: Poderanse solicitar baixas e procederase á devolución do 50% da inscrición.
- A partir do 14 de maio: As baixas producidas a partir deste momento non conlevarán ningún tipo de devolución.

So no caso de suspensión da proba se procederá á devolución do 100% da cota de inscrición.

Para proceder a baixa e optar a devolución da porcentaxe da cota de inscrición que corresponda en cada caso é necesario enviar un mail a info@andainaterrasdealtamira.org, indicando no concepto baixa e o nome ou nomes dos participantes. A porcentaxe a devolver será asignada tomando como referencia a data de envio do e-mail.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

PUNTO DE ENCONTRO

A saída farase dende a CARBALLEIRA DE SANTA MINIA na data sinalada, ás 9:00 h. Será preciso estar na liña de saída uns 30 minutos antes do inicio da proba.

CIRCUITO

Estará convenientemente sinalizado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saía a meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda.

AVITUALLAMENTOS

Ao longo do percorrido haberá avituallamentos sólidos e líquidos, así como dúas zonas con "avituallamentos abundantes", co cal os participantes non terán que cargar en ningún momento con comida durante a proba. Informarase convenientemente dos puntos quilométricos onde estarán situados.

CONTROIS

Durante o percorrido haberá unha serie de controis polos que os participantes deberán pasar obrigatoriamente. Estes controis serán segredos e poderán colocarse en calquera punto do percorrido.

Ademais establecerase un "control base" na Carballeira de Santa Minia polo que tódolos participantes deben pasar obrigatoriamente cada vez que rematen un dos aneis.

OBSERVACIÓNS FINAIS

Haberá vestiarios e duchas na Piscina Municipal Cuberta de Brión, ademais todos os participantes que o desexen poden facer un uso libre das instalacións: saunas, ximnasio, piscina, etc... (imprescindible gorro de baño no caso de querer usar a piscina).

A organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles aos participantes, pero tratará por todos os medios de evitados.

A asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión dispoñen dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, pero é recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ao longo do percorrido. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable de maior idade.

ESTA ANDAINA NON É COMPETITIVA: O RETO CONSISTE EN PARTICIPAR E PROCURAR TERMINAR A PROBA