NORMAS PARA A CORRECTA INSCRICIÓN NA PROBA

INSCRICIÓN "IV ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN"

Recorda que debes leer detidamente toda esta información a fin de realizar correctamente a túa inscrición.

1.- Para participar na andaina debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor legal e traer unha autorización firmada por este xunto coa copia do seu DNI.

2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 1 de marzo ata o 23 de maio, ou unha vez que se completen as 450 prazas ofertadas pola organización.

3.- Recorda que o prezo das inscricións dende o 1 de marzo ata o 30 de abril é de 12 €*, dende o 1 ao 13 de maio será de 16€* e dende o 14 ata o 23 de maio será de 12€* (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do corredor) (*o prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da Federación Galega de Montañismo en vigor durante a tempada 2017/2018).

4.- Coa inscrición os participantes terán dereito a:
- BOLSA DO SENDEIRISTA (estamos traballando para poder ofrecerche unha gran bolsa con numerosos agasallos que desvelaremos en breve)

- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS
· Auga
· Bebídas Isotónicas
· Refrescos
· Froitas
· Empanada
· Bocadillos
· Ensalada de pasta
· Barriñas enerxéticas

- SERVIZOS DE:
· Médico
· Ambulancia
· Seguro de accidentes
· Duchas
· Piscina cuberta
· Recollida en caso de accidente ou lesión
· Aparcamento

- DIPLOMA DE FINISHER
· con tempo e quilómetros completados

- MEDALLA DE FINISHER

5.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web ou presencialmente na Piscina Cuberta Municipal de Brión.

6.- Recorda consultar o apartado de CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS das bases de participación para saber cales son os teus dereitos.

7.- Para inscribirse na web é necesario pinchar no botón de "inscrición" situado no pé desta páxina e cubrir todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.

8.- No apartado "DISTANCIA" escollerase a opción que teñas pensado realizar, de todos xeitos, esta elección non é vinculante. É dicir, se chegado o día queres facer outra distancia da seleccionada podes facelo sen problema. Este dato solo é para que a organización teña unha idea de cantos participantes queren realizar "a priori" cada distancia.

9.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da IV ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN. Ademais os participantes na IV ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN estarán rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.