PREGUNTAS FRECUENTES

QUE DISTANCIAS PODO FACER?
A proba ten unha estructura en forma de "trebol de tres follas", ou o que é o mesmo 3 aneis:  Anel 1: 14 km - Anel 2: 22 km - Anel 3: 14 km, que suman un total de 50 km. A andaina está pensada para que os/as participantes poidan escoller entre tres distancias segundo a súa capacidade fisica:
    14 KM: Anel 1
    36 KM: Anel 1 + Anel 2
    50 KM: Anel 1 + Anel 2 + Anel 3

CANTO VALE INSCRIBIRSE?
O prezo da andaina varía segundo a data na que te inscribas establecendose tres prazos para o pagamento:
- Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril: 12€*
- Dende o 1 ata ao 13 de maio: 16€*
- Dende o 14 ao 23 de maio (sen opción a bolsa do corredor): 12€*
* O prezo reducirase en 2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2018

QUE INCLUE O PREZO?
No prezo da Andaina vai incluido:

BOLSA DO SENDEIRISTA COMPOSTA DE:
[estamos traballando para ofrecerche varios regalos conmemorativos da proba]

AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS:
       - Auga
       - Bebidas Isotónicas
       - Refrescos
       - Froitas
       - Empanada
       - Ensalada de pasta
       - Bocadillos
       - Barriñas enerxéticas

SERVIZOS DE:
       - Médico
       - Ambulancia
       - Seguro de accidentes
       - Duchas
       - Piscina Cuberta
       - Recollida en caso de accidente ou lesión
       - Aparcamento

DIPLOMA DE FINISHER
       - Con tempo e quilómetros completados

MEDALLA DE FINISHER

PODE PARTICIPAR CALQUERA PERSOA?
En principio, calquera persoa pode anortarse a IV Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión. Aínda así debese ter en conta que se de trata dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar acostumado a andar. Para os participantes que desexen rematar os 50 km aconsellase camiñar semanalmente alomenos 80 km, dende dous meses antes. Durante o percorrido non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terros accidentados que salvar.

QUE PRECISO LEVAR PARA FACER A ANDAINA?
- Dorsal entregado pola organización nun lugar visible.
- Roupa e calzado axeitado.
- Unha mochila provista de:
    + Gorra ou viseira, imprescindible para protexerse do sol do mediodía e evitar insolacións (ainda que faga mal tempo).
    + Gafas de sol
    + Crema solar (protección)
    + Como o clima é moi cambiante nesta época do ano, non esta demais que levedes un chuvasqueiro impermeable para poder usalo no caso de choiva
- Non é necesario levar comida nin bebida xa que haberá avituallentos abundantes durante o percorrido, aínda así, cada participante debería levar unha botella de auga, especialmente se fai moito calor, e algún froito seco/barriñas enerxéticas/froita, para utilizar no caso de ser necesario.

QUE FAGO SE ME LESIONO OU NON PODO CONTINUAR ANDANDO?
Se en calquera momento da proba algún/ha camiñante se amosa moi canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ao control mais próximo. En calquera caso a organización vai dispoñer dun teléfono de urxencias para solucionar calquera tipo de emerxencia que poida xurdir durante a andaina.

ALGUNHA RECOMENDACIÓN MAIS?
Hai que ter especial coidado coa hidratacion e a reposicion de sales.
Moito coidado coas binchas nos pés!!! Debería elixirse o calzado máis adecuado, atendendo ao terreo e climatoloxía. NUNCA ESTRENAR CALZADO O MESMO DÍA DA ANDAINA. É recomendable levar "Compeed Ampollas" ou similar, que se pode atopar en calquera farmacia.

RESPETA A NATUREZA!! NON DEIXES O LIXO TIRADO!!

Para que vos fagades unha idea, sabedes canto tarda a Natureza en reciclar?

1 papel - 6 meses
1 fosforo - 7 meses
1 Filtro de pitillo - 2 anos
1 Chicle - 5 anos
1 Ferro - 10 anos
1 Botella de plástico - 100 anos
1 Botella de vidro - 400 anos
1 Lata de refresco - Ilimitado

APARTE DE RESPETO E CARIÑO O NOSO MONTE NON PRECISA DE NADA DO QUE TI TRAES!!