Neste 2026 volverá a ser proba valederia para a Liga galega de Andainas e para a Liga Ibérica de Sendeirismo.
DISTANCIAS
O percorrido da proba terá tres distancias, podendo escoller entre 16KM, 33KM ou 50KM segundo o nivel de esixencia física de cada participante. A saída de todas as distancias é conxunta e realizarase ás 9:00 h dos arredores da Carballeira de Santa Minia.
OBXECTIVO
Recordamoche que o principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo. Esta proba NON É COMPETITIVA.
SERVIZOS
Bolsa do sendeirista
Avituallamentos sólidos e líquidos
Servizos médicos e ambulancia
Seguro de accidentes e RC
Duchas e piscina cuberta
Diploma e medalla de finalista
INSCRICIÓN
Dende o 15 de marzo até o 20 de maio de 2026.
A XI edición celebraráse o vindeiro 23 de maio de 2026
Colaboradores
Localización

Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO












