INFORMACIÓN PRÁCTICA
Para poder desfrutar plenamente da proba, propoñemosche unha serie de recomendacións/aclaracións:
1.- OBXECTIVO. Recordamoche que o principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo. Esta proba NON É COMPETITIVA.
2.- APARCAMENTOS. Haberá DÚAS AMPLAS ZONAS de aparcamento gratuítas, debidamente sinalizadas. O máis próximo á zona de saída/meta só estará accesible para vehículos ata as 8:30 h do día 23.05.2026 ou ata que se complete o seu aforo. Está totalmente prohibido aparcar na Rúa Gondar (zona de saída/meta), e rógase non estacionar noutras áreas non habilitadas para tal fin. Agradecemos a colaboración de todas as persoas participantes para garantir o bo desenvolvemento do evento. No plano podedes ver a ubicación destas duas zonas:
3.- IDENTIFICACIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES. Todas as persoas participantes, teñan ou non dereito á bolsa do sendeirista, teñen que acreditar a súa identidade e recoller o seu dorsal para participar na proba. A tal efecto podes pasar anticipadamente pola CASA DA CULTURA DE BRIÓN o xoves 21 e o venres 22 de maio en horario de 16 a 20h. (recomendado), ou ben o própio sábado 23 de maio entre as 7:30 e as 8:45.
4.- PULSEIRA IDENTIFICATIVA. A cada persoa participante seralle entregada unha pulseira identificativa que deberán levar colocada en todo momento mentres estean realizando a proba. Esta pulseira, ademais de servir como dorsal e identificación, tamén servirá para establecer os controis de paso de cada distancia. Os controis estableceranse nos distintos avituallamentos e debedes esixir que vos poñan unha marca na pulseira para deixar constancia do voso paso por ese punto.
5.- TELÉFONO DE EMERXENCIAS: Poñeremos a disposición dos participantes un teléfono de emerxencias/urxencias que poderedes utilizar só en casos necesarios. NON ESTARÁ DISPOÑIBLE ANTES DO DÍA DA PROBA NIN DISPÓN DE SERVIZO DE WHATSAPP.
6.- SERVIZOS MÉDICOS. A andaina contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico na zona de saída/meta. Os servizos médicos e os membros da organización estarán facultados para retirar da proba a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma. Esta ambulancia só se desprazara no caso de urxencias ou accidente, do contrario terá a súa base de operacións na Carballeira de Santa Minia e poderase acudir a ela sempre que sexa necesario.
7.- AVITUALLAMENTOS. Ao longo do percorrido haberá avituallamentos sólidos é líquidos, así como dúas zonas con "avituallamentos mais abundantes", co cal non teredes que cargar con moita comida durante a proba. De todos xeitos é recomendable ir sempre provisto de auga e algunha froita/barriña enerxética. Ao igual que en pasadas edicións entregarase a cada participante un vaso de PLA (un material amigable co medio) que será o que debedes utilizar para hidratarvos pois non haberá vasos de plástico nos avituallamentos. Os avituallamentos serán xenéricos a base de auga, bebidas isotónicas, froitas, barriñas enerxéticas, bocadillos, empanada, etc.. se algunha persoa ten intolerancias, alerxias, ou algún outro tipo de necesidades alimenticias deberá traer o seu propio avituallamento. NON DISPOÑEMOS DE ALIMENTOS PARA NECESIDADES ESPECÍFICAS. Tes unha apartado específico na web que che indica os puntos exactos dos avituallamentos para cada distancia.
8.- A PROBA. A saída da proba realizarase de maneira conxunta ás 9:00h. da Carballeira de Santa Minia. A partir das 9:10h, e unha vez que tome a saída a persoa designada pola organización para pechar a mesma, non poderá sair ningunha persoa participante mais. O circuíto estará convintemente sinalizado con cinta de balizar (laranxa) e sinais pintadas con spray de cor rosa.
Esta andaina trátase dunha proba en liña, é dicir, NON SE REGRESA ao punto de partida ata finalizar a distancia escollida (16, 33 ou 50km).
9.- SAÍDAS. Para o correcto funcionamento estableceranse tres "caixóns" no lugar de saída da proba. Recomendamos que, na media do posibe, se respecten as seguintes zonas:
- ZONA DIANTEIRA participantes de 50km
- ZONA CENTRAL participantes de 33km
- ZONA TRASEIRA participantes de 16km.
10.- PUNTOS DE REGRESO Á META. No km 8 aprox. estará indicado, con un cartel perfectamente visible, o 1º punto de regreso á meta. Será neste momento onde poderás escoller regresar á meta para rematar a proba con 16km ou seguir de cara as distancias de 33 ou 50kms.
No km 24 aprox. (Bastavales), xunto o avituallamento central, estará o 2º punto de regreso á meta (tamén correctamente sinalizado). Neste momento terás que escoller seguir para rematar a proba con 33km ou con 50km. Se che quedan dúbidas podes botarlle un ollo a sección percorridos desta web.
11.- CLIMATOLOXÍA. Independentemente da climatoloxía o día da proba recomendamos que cada participante leve consigo unha mochila provista de gafas de sol e crema solar (protección) e non esta demais levar un chuvasqueiro impermeable para poder usalo no caso de frio ou choiva.
12.- DUCHAS E PISCINA. Haberá vestiarios e duchas na Piscina Municipal Cuberta de Brión, ademais todos os participantes que o desexen poden facer un uso libre das instalacións: saunas, ximnasio, piscina, etc... (imprescindible gorro de baño no caso de querer usar a piscina). Localización da piscina: https://goo.gl/maps/cCi798NqEvoGGKtG7
13.- ULTIMAS RECOMENDACIÓNS. É moi importante que traias calzado axeitado contra a auga, despois das últimas choivas o monte ten zonas especialmente anegadas onde é facil mollar os pés e incluso esvarar. Hai que ter especial coidado coa hidratación e a reposición de sales. Moito coidado coas vinchas nos pés!!!. NUNCA ESTRENAR CALZADO O MESMO DÍA DA ANDAINA. É recomendable levar "Compeed Ampollas" ou similar, que se pode atopar en calquera farmacia. RESPETA A NATUREZA!! NON DEIXES O LIXO TIRADO!!
Plano coas principais localizacións:

Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO

