PERCORRIDOS PROVISIONAIS 2026
Neste ano 2026 a XI Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión terá tres distancias, podendo escoller entre 16KM, 33KM ou 50KM segundo o nivel de esixencia física de cada participante.
ATENCIÓN! Os circuítos publicados son unha referencia inicial. A nosa intención é respectalos ó máximo, pero no momento de marcar o percorrido sempre xorden "pequenos imprevistos" que poden obrigar a facer axustes ou modificar algún tramo.
Lembrade que os tracks poden non coincidir ao 100% coa ruta definitiva.
IMPORTANTE: A saída de todas as distancias é conxunta e realizarase as 9:00h. da Carballeira de Santa Minia. Trátase dunha proba en liña o que significa que os primeiros 8 km son comúns a todas as distancias, neste punto quilométrico decídese si volver a meta (para completar un total de 16KM) ou seguir andando de cara aos 33km. No caso de seguir no km 24 haberá outro punto de desvío onde se decide regresar a meta (completando 33km) ou continuar para finalizar con 50km andados. Os puntos de corte estarán correctamente sinalizados con grandes sinais de 2m de alto.
MAPA DOS PERCORRIDOS
O percorrido estará convintemente sinalizado para facelo andando* dende a saída ata meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda. Ainda así haberá membros da organización pendentes das persoas que participen en todo momento.
* se alguen decide facer a proba correndo entende que non terá dereito aos avituallamentos programados pola organización
INFORMACIÓN DAS DISTINTAS DISTANCIAS
ANDAINA 16KM
ANDAINA 33KM
ANDAINA 50KM

Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO

