AVITUALLAMENTOS
Ao longo do percorrido haberá avituallamentos sólidos é líquidos, así como dúas zonas con "avituallamentos mais abundantes", co cal non teredes que cargar con moita comida durante a proba.
INFORMACIÓN BÁSICA
A maiores destes avituallamentos é moi recomendable ir sempre provisto de auga e algunha froita/barriña enerxética.
Ao igual que en pasadas edicións entregarase a cada participante un vaso de PLA (un material amigable co medio) que será o que debedes utilizar para hidratarvos pois non haberá vasos de plástico nos avituallamentos.
Todos os avituallamentos serán xenéricos a base de auga, bebidas isotónicas, froitas, barriñas enerxéticas, bocadillos, empanada, etc.. se algunha persoa ten intolerancias, alerxias, ou algún outro tipo de necesidades alimenticias deberá traer o seu propio avituallamento. NON DISPOÑEMOS DE ALIMENTOS PARA NECESIDADES ESPECÍFICAS.
PUNTOS QUILOMÉTRICOS APROXIMADOS DOS AVITUALLAMENTOS PARA CADA DISTANCIA
>> ANDAINA 16K
Avituallamento 1: KM 8 · PONTE VIDALOISO [FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 2: KM 16 · CARBALLEIRA DE SANTA MINIA [COMIDA + LÍQUIDO]
>> ANDAINA 33K
Avituallamento 1: KM 8 · PONTE VIDALOISO [FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 2: KM 16 · CODESIDO [FROITOS SECOS + FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 3: KM 24 · BASTAVALES [COMIDA + LÍQUIDO]
Avituallamento 4: KM 33 · CARBALLEIRA DE SANTA MINIA [COMIDA + LÍQUIDO]
>> ANDAINA 50K
Avituallamento 1: KM 8 · PONTE VIDALOISO [FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 2: KM 16 · CODESIDO [FROITOS SECOS + FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 3: KM 24 · BASTAVALES [COMIDA + LÍQUIDO]
Avituallamento 4: KM 31 · RUBIAL [FROITOS SECOS + FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 5: KM 41 · RAÑALONGA [FROITA + LÍQUIDO]
Avituallamento 6: KM 50 · CARBALLEIRA DE SANTA MINIA [COMIDA + LÍQUIDO]
Podes comprobar no menú PERCORRIDOS a localización exacta dos avituallamentos.

Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO

