AS INSCRICIÓNS ATOPANSE PECHADAS
Recorda que debes leer detidamente toda esta información e cubrir o formulario que atoparás na ligazón ao pé desta páxina para realizar correctamente a túa inscrición.
1.- Para participar na andaina debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor legal e traer unha autorización firmada por este, xunto coa copia do seu DNI.
2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 15 de marzo ata o 20 de maio de 2026.
3.- Recorda que o prezo das inscricións varía dependendo de varios factores:
PERSOAS MAIORES DE 14 ANOS:
- Dende o 15 ao 31 de marzo: 16€
- Dende o 1 ao 30 de abril: 18€
- Dende o 1 ao 20 de maio: 18€ (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)
O prezo reduciráse en 2€ para aqueles participantes que posuan licenza da FGM ou da FEDME en vigor durante a tempada 2026 (será necesario presentar a licenza o día da proba para a recollida presencial do dorsal)
PERSOAS MENORES DE 14 ANOS:
- Dende o 15 de marzo ao 30 de abril: 12€
- Dende o 1 ao 20 de maio: 12€ (sen opción aos regalos incluidos na bolsa do sendeirista)
4.- Coa inscrición terás dereito a:
Só para as persoas inscritas entre o 15 de marzo e o 30 de abril:
- BOLSA DO SENDEIRISTA :: con diversos agasallos.
Para todas as persoas inscritas:
- AVITUALLAMENTOS SÓLIDOS E LÍQUIDOS
· Auga
· Bebídas Isotónicas
· Refrescos
· Froitas
· Froitos secos
· Empanada
· Bocadillos
· Barriñas enerxéticas
- SERVIZOS DE:
· Médico
· Ambulancia
· Seguro de accidentes
· Duchas
· Piscina cuberta
· Recollida en caso de accidente ou lesión
· Aparcamento
- DIPLOMA DE FINALISTA
· con tempo e quilómetros completados
- MEDALLA DE FINALISTA
· diferente segundo a distancia completada.
5.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web.
6.- Recorda consultar o apartado de CANCELACIÓN E/OU MODIFICACIÓNS das bases de participación para saber cales son os teus dereitos.
7.- Para inscribirse na web é necesario pinchar no botón de "inscrición" que se situará ao pé desta páxina e cubrir todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.
8.- No apartado "DISTANCIA" escollerase a opción que teñas pensado realizar, de todos xeitos, esta elección non é vinculante. É dicir, se chegado o día queres facer outra distancia da seleccionada podes facelo sen problema. Este dato solo é para que a organización teña unha idea de cantos participantes queren realizar "a priori" cada distancia.
9.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN. Ademais os participantes na XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN estarán rexidos pola conducta “fair play” e comprométense a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.

Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO


