BASES
O Concello de Brión e a Asociación O Esquío No Piñeiro, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, a Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizan a XI edición da ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN o vindeiro sábado 23 de Maio de 2026 a partir das 9:00h. na Carballeira de Santa Minia (Brión). Esta andaina é unha proba oficial da Federación Galega de Montañismo (en adiante FGM) e está integrada dentro da Liga Galega de sendeirismo e da Liga Ibérica de sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (en adiante FEDME) que se desenvolverán ao longo do ano 2026.
Regulamentos
A Andaina Terras de Altamira rexerase polas actuais regulamentacións de Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE no 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes); e ademais polos seguintes regulamentos:


Copyright © 2026 | XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN | 23/05/2026
O ESQUIO NO PIÑEIRO | CONCELLO DE BRIÓN | F.G.M. | F.E.D.M.E. | USC | DIPUTACIÓN DA CORUÑA | DEPORTE GALEGO

